A xornada no fútbol ourensán na fin de semana
En Onda Deportiva Ourense repasamos o máis destacado da fin de semana futbolística
Onda Deportiva - Fútbol
2 RFEF
Non houbo xornada na 2 Federación esta fin de semana. CD Arenteiro está aproveitando para reforzar a súa plantilla co obxectivo de manter a categoría.
Baixas confirmadas:
- Osián Vázquez: nova fichaxe da Unión Deportiva Ourense
- Rubén Arce: reforza a plantilla do Atlético Arnoia co obxectivo de manter a categoría en 3 RFEF
- Manu Mariña
Altas confirmadas:
- Pol Bueso: o central que xa estaba adestrando co equipo de Fran Justo conta xa con ficha no Arenteiro e xa chegou a debutar no último partido xogado en Espiñedo
- Pibe: o mediapunta arxentino incorpórase a disciplina verde para ser un reforzo importante no ataque carballiñés
Agárdase que tanto as baixas cómo as altas non sexas as últimas.
Este sábado CD Arenteiro recibe en Espiñedo ó Arosa SC
3 RFEF
UD Somozas 2-1 Atlético Arnoia
Derrota do Arnoia nun encontro no que plantou cara ao líder o Somozas ao que a piques estivo de sorprender a domicilio, pero no que Rubo, que saiu ao campo na segunda metade, deulle o triunfo cun dobrete para darlle a volta ao choque. Na primeira metade adiantábanse os de Iván González, gracias a un tanto de Quiqo a saída dun saque de esquina. Xa na segunda metade os de Arnoia pasaron a defender en busca de aguantar o resultado, sen embargo a saída de Rubo o campo, recentemente chegado do Lanzarote, daríalle o triunfo ao Somozas gracias a dous tantos en 5 minutos.
O Atlético Arnoia incorporou neste mercado invernal a Mitogo, Rubén Arce e Adrián Presas e aínda agarda que chegue alguén máis para reforzar o equipo de Iván González
Adiados os partidos de Ourense CF e CD Barco
Os partidos de Ourense CF no Couto frente ó Viveiro e do CD Barco en Calabagueiros frente ó CD Estradense foron adiados por culpa da COVID-19
Preferente Galicia
UD Ourense 4-1 SD Nogueira
Undécima vitoria consecutiva do Ourense, se temos en conta o encontro copeiro contra o Francelos. Os de Jorge De Dios sumaron un importante triunfo ante un Nogueira moi incómodo e cun planteamento que compricou moito a cousa aos vermellos especialmente na primeira metade. Varo abría a lata e o marcador chegaba con vantaxe para os unionistas. Na segunda metade o Nogueira acadaría o empate por mediación de Grego. Pouco lle duraba a alegría aos de Bruno Gómez xa que un centro de Raúl Melo cazouno coa testa Martín Torres para pór diante novamente aos ourensáns. Xa co Nogueira entregado e buscando un empate cada vez máis imposible chegou o terceiro obra de Osián. Litos pecharía a goleada.
UD Atios 2-1 Verín CF
Derrota dun Verín que segue amosando moita irregularidade e ao que sumar varios triunfos consecutivos complícaselle cada vez que teñen oportunidade. Desta vez os de Vilachá caeron en Atios ante un rival que aproveitou as súas ocasións e que remontou o tanto inicial de Xoel, que puña ao Verín por diante e todo apuntaba a que os verinenses levarían o encontro. O conxunto local acadaría o empate antes do descanso e levaría o triunfo cun tanto na segunda metade. O Verín volve a perder outra oportunidade de sumar e sigue vendo como a UD Ourense colle cada vez máis distancia.
Sporting Guardés 0-0 UD Barbadás
Non puido o Barbadás co Guardés, nun encontro con moito en xogo e no que ambos equipos dispuxeron de boas ocasións para decantar a balanza. Os azulóns tiveron varias boas ocasións para romper o empate, especialmente na segunda metade, pero atopáronse co gardamallas local. Os de Agustín tentárono ata ao final en busca de tres puntos que os mantiveran a tiro da UD Ourense, se temos en conta de que teñen varios encontros pendentes. Con este empate o Barbadás mantense en postos de playoff e tentará recuperar puntos nos partidos adiados que teñen pendentes de xogar.
Adiado o derby entre o Velle e o Polígono
O partido que enfrentaba a CD Velle e Polígono SC foi adiado como consecuencia da Covid-19
A vindeira xornada chega un dos derbys máis agardados da temporada, o que enfrentará no José Argiz ó segundo clasificado (Verín CF) co líder (o Ourense) a partir das 16:30 horas.
E tamén ... Polideportivo