As suxerencias literarias de La Librería CyC do 22 de Maio
As recomendacións semanais de La Librería CyC chegaron da man de Israel Barandela.
Comezando nesta ocasión con “Cuentos telúricos” de Rodrigo Cortés unha antoloxía de contos fantásticos quen xa tivo éxito de ventas con outras coleccións de contos deste escritor e cineasta nado en Ourense.
Continuamos coa serie literaria “Perrock Holmes” que xa vai polo número 20 con “La bacteria rasca-rasca” editada por Montena. Trátase dunha obra detectivesca inspirada no célebre inspector pero adaptada aos máis cativos.
A terceira proposta foi “Mil ojos esconde la noche. La ciudad sin Luz” de Juan Manuel de Prada editada por Planeta, unha das propostas máis polémicas e brillantes deste intelectual que nos acerca á posguerra que viviron en París algúns artistas españois.
E a última proposta “Diógenes y los cínicos. La libertad en la vida simple” de Étienne Helmer de Popular Editorial, unha obra con tintes filosóficos que nos achegará a un modo de pensamento do que extraeron a definición do famoso “síndrome”.