As suxerencias literarias de La Librería CyC do 16 de Outubro
As recomendacións semanais de La Librería CyC chegaron da man de Israel Barandela.
Óscar Gómez | Paco Sarria
Ourense |
Comezamos repaso polas recomendación literarias da semana con “La pareja perfecta” de Elin Hildebrand. O xefe de policía Ed Kapenash decide interrogar a todo o mundo e pouco a pouco os segredos van saíndo a frote quedando craro que a boda é un campo de minas e que ningunha parella é perfecta.
A segunda proposta leva por título “El bosque de los igmas (memorias de mis ancestros)” de Ro D´Prado. Nas rexións da península de Hispania do século II aC, encadrado nas guerras celtíberas en resistencia fronte á invasión romana, desenvólvese en paralelo a historia de dous personaxes no marco das súas propias familias celtas.
En terceiro lugar falamos de “OPUS” de Gareth Gore. Un xornalista económico e de investigación que nos fala dos 60 anos dunha conspiración aparada polos cartos e a relixión.
E por último “La isla de la mujer dormida” de Arturo Pérez-Reverte, editada por Alfaguara. Unha novela de mar, amor e aventuras no mar Egeo durante os anos da Guerra Civil española.