Paco Sarria | Óscar Gómez
Ourense |
Comezamos este repaso ás recomendacións literarias con “Cruces” de Alex Landragin. Libro que, por certo, chega nunha edición especial. Unha novela deseñada para ser leída en duas dirección diferentes e que abrangue 150 anos de 7 vidas.
Continuamos con “Nexus” de Yuval Noah Harari. Unha breve historia das redes da información dende a idade de pedra ata a chegada da Intelixencia Artificial, como xa anticipa a súa portada.
A terceira proposta é “Ir a la Habana” de Leonardo Padura. Libro que ofrece un paseo polos barrios da capital cubana en forma de historia autobiográrica do propio novelista.
E por último, a recomendación infantil titulada “Las aventuras de Dani y Evan” (espinosaurio contra T-Rex). Un dos libros da colección de dous xóvenes influencers realizada por María Isabel Rodrigo Micó.