Más de uno ourense

Luis Seara: "Consta que hai quen no PP quere integrarse no goberno de DO"

O voceiro municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Ourense dixo hoxe en Onda Cero que lles "consta que hai debate no PP por integrarse no goberno de Democracia Ourensana, e deixar de ser os pagafantas por que o din públicamente".

Paco Sarria | Óscar Gómez

Ourense |

Luís Seara referiuse tamén o recente nomeamento de Ana Méndez como nova voceira dos populares sinalando que foi unha decisión tomada fora de Ourense e que demostraría que "teñen a casa revolta".

Sobre o nomeamento de Xurxo Rodríguez como novo responsable local do BNG, dixo que é "un acerto" e que resposta a unha renovación en cascada dos órganos de goberno da formación nacionalista nun momento doce da organización, e que nada ten que ver coa futura lista electoral.

Seara abordou en Más de Uno outros asuntos como a situación da pisciña termal de As Burgas ou a recente programación de Nadal da que dixo que foi "máis do mesmo. Un copia e pega doutras festas organizadas polo goberno local".