Ourense |
A Audiencia Provincial de Ourense deu a razón a un pai que reclamaba ter un réxime de visitas coa súa filla pese a unha condena por violencia de xénero.
Considera a Audiencia neste caso que a supresión de visitas entre pai e a filla de 5 anos “conleva un risco de desafección entre ambos que non beneficiaría ó desenvolvemento integral da cativa”.
Os maxistrados dan a razón así a un pai condenado por violencia de xénero, e sepadado da nai, que quere seguir vendo á menor.
Cabe sinalar que o xulgado de O Barco de Valdeorras xa considerara previamente oportunos esas reunións, sempre tuteladas e nun punto de encontro, pero a nai recurrira a decisión.
Anque en todo caso o informe da perito psicóloga reflicte que os encontros deben ser con acompañamento psicoemocional en un ambiente de seguridade
As visitas levan tempo en vigor, e sempre resultaron positivas, ó constatarse a relación de agarimo existente entre pai e filla.
O proxenitor fora condenado a 44 días de traballos para a comunidade, e accesoria de aproximarse a víctima a menos de 200 metros por un delicto de lesións