Historia

Allariz proxecta recuperar o entorno do seu castelo

Un proxecto para revivir a historia

Paco Sarria

Ourense |

Allariz proxecta recuperar o entorno do seu castelo | onda cero ourense

O Concello de Allariz presentou un proxecto que considera estratéxico para a recuperación e posta en valor do Castelo; unha actuación que permitirá rescatar a memoria e a importancia desta fortaleza medieval, para o que contará coa colaboración da Universidade de Vigo.

A iniciativa encádrase no Plan de Sostebilidade Turística, que permite dotar de recursos económicos a varias actuacións. Una delas será pois no Monte O Castelo e contempla a recuperación dos accesos, mellorando os camiños existentes e facilitando o acceso directo á zona.

Serán instalados ademáis paneis informativos para poder ofrecer unha visión didáctica e divulgativa así como a evolución do espazo ó longo dos séculos.

A investigación permitirá asemade esclarecer definitivamente a localización e estructura dun castelo que foi obxecto de diversas especulacións ó longo dos anos.

De tal xeito o obxectivo é recrear en 3D a estructura en dúas épocas históricas; a Idade Media (séculos XI e XII) e Idade Moderna, cando a fortaleza xa fora reutilizada con outros usos.