Sentencia

Absolto de agresión sexual e corrupción a duas menores

A Audiencia Provincial de Ourense considera que se desenvolveron como adultas

Paco Sarria

Ourense |

Absolto de agresión sexual e corrupción a duas menores | onda cero ourense

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense absolveu a un acusado dos delictos de ciberacoso, agresión sexual e corrupción de dúas menores tuteladas pola administración pública e en acollemento residencial ás que coñeceu nun bar.

O Tribunal explica na sentencia que a comisión dos delictos imputados “gravita inexorablemente na demostración do coñecemento por parte do acusado da minoridade das víctimas” en concreto de 16 anos respecto dos delictos de ciberacoso e agresión sexual -no que mediou consentimiento- e de 18 anos en relación co de corrupción de menores.

Neste caso salienta a “neceraria seguridade de convicción de que o acusado coñecía que ambas mozas eran menores de 18 anos”

Resaltan os maxistrados que unha delas declarou no xuizo que lle dixo ó procesado que tiña máis de 18 anos e a elo súmase que consumían bebidas alcólicas “desenvolvéndose como adultas”.