6 lumes activos ainda na provincia de Ourense
Afectados prácticamete a metade dos concellos
Ourense |
6 lumes activos na provincia de Ourense onde superamos as 70 mil hectáreas ardidas e multiplicamos o número de concellos afectados.
Á cabeza o comezado hai unha semana en Seadur-Larouco e que se extendeu dramáticamente polos concellos valdeorreses de O Barco, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, A Rúa, Petín, Rubiá, A Veiga, Vilamartín de Valdeorras e Quiroga e onde superan en conxunto as 20 mil hectáreas ardidas con pobos e propiedades destruídas.
A este lume considerado o máis importante dos ocorridos en Galicia ó longo da historia séguelle o segundo neste desafortunado ránking e que tivo a sua orixe hai máis de unha semana en Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso e que axiña traspasou as fronteiras ata afectar tamén a Manzaneda, Montederramo, A Pobra de Trives, O Bolo, e Laza, sumando 18 mil hectáreas.
E en terceiro lugar o que comezaba hai pouco máis dunha semana en Oimbra e que afecta tamén a Monterrei, Xinzo de Limia, Cualedro, Verin, Laza, Trasmiras, Castrelo do Val e Baltar, sumando 15 mil hectáreas.
En A Mezquita, na Esculqueira, van ardidas 10 mil hectáreas.
E en Vilardevós hai dous lumes en Vilar de Cervos e Moialde que, en conxunto suman 1300 hectáreas. Anque o de Vilar de Cervos está estabilizado.
Tamén complexa é a situación no Ribeiro co lume comezado en Carballeda de Avia e que se extendeu dende Vilar de Condes ás Regadas en Beade, afectando tamén ós concellos de Avión, Melón, Leiro e Ribadavia, e ardendo 4 mil hectáreas.
E por último continúa activo o de A Ponte en A Veiga onde arderon de momento 20 hectáreas.
Están estabilizados 4 lumes en Maceda, Vilardevós-Fumaces, Riós-Trasestrada e Montederramo-Paredes que suman 3740 hectáreas.
E queda extenguido o de Rante en San Cibrao das Viñas onde arderon 60 hectáreas.