O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, en Onda Cero Vigo

«Haberá Orzamentos autonómicos... Fixo que si»

Corgos sinalou que «non nos entra na cabeza non presentar os Orzamentos» aínda que recoñece as dificultades na elaboración derivadas de que o Ministerio de Facenda non remita «cifras básicas» como «as entregas a conta».

Redacción

Galicia | 25.09.2023 14:02

Onda Cero Galicia

En entrevista en Más de Uno Vigo, o conselleiro de Facenda tamén pediu ao próximo Goberno central que inicie «axiña»a negociación para a reforma do sistema de financiamento autonómico.