A CIG denuncia a indefinición da OPE de estabilización

«Non temos a listaxe final polo que estamos a recibir moitas chamadas de persoas preguntando»

Entrevista na Brújula de Galicia de Onda Cero a Zeltia Burgos, responsable nacional de CiG Autonómica. Afirma que a indefinición dos decretos da Oferta Pública de Emprego, publicados o luns do DOG, está a xerar desacougo entre o persoal da Administración. Ademais, ao sindicato preocúpalle que a lingua galega non esté recollida explicitamente como requisito xa que «queda ao albur de que sexa ou non baremable», critica.

ondacero.es

Galicia | 31.05.2022 20:25