Más de Uno Monforte de Lemos
Programa completo do 29/05/2025
Monforte de Lemos |
Esta fin de semana estrea tempada de verán o Club Fluvial de Monforte. Repasamos novidades e actividade programada co presidente da entidade, Jaime Vázquez. O BNG de Monforte reclama ao alcalde xestións para evitar que tire o chiringuito do Paseo do Malecón, o rexedor asegura que non ten nada que facer. Escoitamos ao responsable local do BNG Manuel Luaces e ao rexedor monfortino, José Tomé Roca. Leite de Casa da Fonte para o Restaurante DiverXo do chef David Muñoz. Falamos con Xosé García, responsable da citada explotación gandeira. Presentado este xoves o programa completo do Festival Trece Roeis que se vai celebrar o 20 e 21 de xuño en Ferreira de Pantón. Repasamos propostas con Miguel García, presidente da Asociación promotora. E todo preparado en Castro Caldelas para recibir este venres a visita da Raiña Sofía, unha visita da que falamos coa alcaldesa do citado concello, Inés Vega. E como cada xoves temos gabinete xurídico con AV10, Héctor Silva repasa responsabilidades derivas de desperfectos en vivendas ou edificacións.