Más de Uno Monforte de Lemos 30/05/2023
Programa completo do 30/05/2023
Monforte de Lemos | 30.05.2023 14:17
Abrimos programa repasando novas da actualidade máis próxima e no espazo adicado ao sector vitícola falamos do black-rot coa investigadora Nuria de Prado Ordás, e da Cata de Viños Patrimonio Ribeira Sacra que se vai celebrar este sábado no Centro do Viño de Monforte. Na organización está a Federación Galega de Enólogos e falamos co presidente David Pascual. E non estivo moi desacertada a enquisa feita por alumnos da Fundación Educativa Terra de Lemos sobre os resultados electorais no concello de Monforte. Repasámola co profesor Luis Conde e coas alumnas Sabela Castro, Noa Quiroga e Ana Fouces. O candidato do PSOE no Saviñao asume como propio o fracaso nas eleccións do domingo e anuncia que renunciará a acta de concelleiro e non formará parte da futura corporación. Danos máis datos na conversa que mantemos con él. E entre outros asuntos, falamos tamén do campo de ensaio de oliveiras que pon en marcha en Pacios, no concello de A Pobra do Brollón, a Consellería do Medio Rural. Manuel Luaces, xefe de área de formación, innovación e investigación agraria, é o noso entrevistado.