Más de Uno Monforte de Lemos 29/12/2025
Programa completo do 29/12/2025
Monforte de Lemos |
Baixo o lema "machistas fora das institucións" varios colectivos de mulleres convocan concentración en Monforte pedindo a dimisión de José Tomé Roca media hora antes do pleno ordinario na que a oposición tamén pide que abandone a alcaldía. Abrimos falando do pleno e da concentración e atendemos tamén a outros asuntos como o Mercado de Nadal que vai celebrar o concello de Pantón, do que nos da máis datos a concelleira Cristina Domínguez. Entrevistamos ao barítono Lucas López que actua hoxe en Monforte nun concerto organizado pola Sociedade Filarmónica, acompáñanos tamén o presidente desta entidade, Antonio Prado. Falamos tamén do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra que se incorpora á Asociación de Ecoturismo de España coa xerente do Consorcio Alexandra Seara.