Más de Uno Monforte de Lemos 25/11/2025
Programa completo do 25/11/2025
Monforte de Lemos |
Concentracións e actos varios para conmemorar o 25N. Repasamos os de Monforte, escoitamos que se contou no mesmo, e coa secretaria de Fademur, Rosa Aros, analizamos resultados do informe que veñen de presentar sobre a violencia de xénero no ámbito rural. Entre outros asuntos da actualidade máis próxima repasamos pleno no que cos votos do equipo de goberno saíron adiante os orzamentos de Monforte para 2026, da viaxe a China do adegueiro Pedro Rodríguez, Guímaro foi unha da vintena de adegas españolas que veñen de participar nun Foro que adicado ao sector vitícola vén de celebrarse en Shanghai. Tempo tamén para repasar un novo recoñecemento que vén de recibir a queixería Airas Moniz, e axudas abertas para o sector lecteiro dende a Consellería do Medio Rural.