Más de Uno Monforte de Lemos 24/12/2025
Programa completo do 24/12/2025
Monforte de Lemos |
Hoxe visita Monforte o Apalpador e abrimos programa conversando con él. Joan e Jesús son dous venezolanos que levan catro anos en Monforte, preguntamos sobre tradicións de Nadal do seu país de orixe e repasamos afeccións que manteñen nesta terra de acollida. Entre outros asuntos falamos do belén que podemos visitar estes día no Fogar do Maior de Escairón, e outros asuntos que dese concello repasa o rexedor local Carlos Armesto. E a rotura dunha tubería na Praza Fontecha ten sen auga a varios centos de veciños en Monforte, traballan para solucionar o problema canto antes, aseguran no concello.