Más de Uno Monforte de Lemos 23/05/2025
Programa completo do 23/05/2025
Monforte de Lemos |
Abrimos repasamos novas da actualidade máis próxima e conversando con Luis Blanco, director do MUFERGA, repasamos con él acordos da reunión que vén de celebrar o Padroado da Fundación que xestiona este Museo que pasará a ser depositario do todo o material de AMAFER. Emilio Sánchez, voceiro do BNG de Monforte repasa iniciativas que levan ao pleno do próximo luns, pedindo a eliminación das beirarrúas de Doutor Casares, habilitar un punto de información turísticas na Compañía e xunta de voceiros dos grupos que forman a corporación municipal para analizar os problemas da rede de abastecemento no entorno de Escultor Francisco Moure. Falamos tamén da Asociación de Empresarios da Ribeira Sacra, dos grupos de traballo que teñen en marcha á vez que que preparan a contratación dun xerente. E preto de 8.000 persoas, máis de 1.500desta zona sur, perden o carné de manipulador de productos fitosanitarios o executarse a sentenza da chamada Operación Fito. UUAA reclama do AGACAL plan de continxencia e preparan a inmediata celebración de curso homologados que faciliten a manipulación dos produtos citados. Unha situación que repasamos con Miguel Tomé responsable provincial de UUAA.