Más de Uno Monforte de Lemos 21/10/2025
Programa completo do 21/10/2025
Monforte de Lemos |
76 viños da D.O Ribeira Sacra participan na Cata de Viños de Galicia na que participa como integrante do panel de cata o adegueiro Pablo González con quen conversamos hoxe xunto co técnico Alfonso Losada. Esperta Monforte pedirá no pleno do próximo luns que se avance en iniciativas por "unha cidade a 30" e levan outra moción sobre o PXOM. Iniciativas que repasamos co voceiro Germán Vázquez. Quiroga prepárase para celebrar este sábado a VI edición de Quimedo con 8 casas do terror e máis de 1.200 persoas inscritas para participar desta singular festa da que falamos con Andrés Novoa. E entre outros asuntos, conversamos tamén coa escritora soberina Moncha Prieto, a que encargou o Colectivo Lemos Le colaboración especial para conmemorar o Día das Bibliotecas.