Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 20/03/2023

Programa completo do 20/03/2023

Manuela Porto

MONFORTE DE LEMOS | 20.03.2023 14:20

Repasamos novas da actualidade máis próxima e a primeira conversa será con Manuel Meira, presidente da Sociedade de Pesca Val de Lemos. Falamos da temporada que iniciaron onte. Recta final do Estase Cocendo, repasamos con Beatriz Vila, delegada da Asociación de Hostalería, as actividades que quedan pendentes para a fin de semana. Máis dun cento de elementos arqueolóxicos hai rexistrados no concello de Sober aínda que se centren as intervencións en Proendos onde se reanudarán os traballos próximamente. Falamos delo co arqueólogo Fran Alonso Toucedo. Presentado en Bóveda o proxecto de ampliación do Centro para persoas con discapacidade que hoxe visita a Conselleira de Política Social, Fabiola García. Danos máis datos da iniciativa o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias. O concello de Ribas de Sil, súmase ao convenio coa FEGAM e Abanca para que se poida instalar un caixeiro tras pechar a única oficina bancaria que hai no citado municipio. Falamos tamén da depuradora que se vai a construir no Polígono do Reboredo que veñen de presentar o alcalde de Monforte, José Tomé Roca e o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga.