Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 18/11/2025

Programa completo do 18/11/2025

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Preto de 18,5M€ de presuposto terá o concello de Monforte para 2026. Contas presentadas polo alcalde José Tomé Roca, escoitaremos que contou delas. Contas que para o grupo municipal do PP "non responden ás necesidades reais da veciñanza", explica porque a voceira Kati Varela. Repasaremos este e outros asuntos da actualidade máis próxima e no espazo adicado ao sector vitícola, co técnico Alfonso Losada estará a investigadora e profesora da USC no Campus de Lugo, Cristina Cabaleiro, para falar da praga da "cochinilla algodonosa" que afecta algunha viña da D.O Ribeira Sacra. O outono segue con datos de ocupación históricos na Ribeira Sacra, segundo os datos que repasa a xerente Alexandra Seara, que fai tamén balance do programa "A caída da folla". Con Tamara González falamos de "Vendaval", o Festival de Cinema Galego-Lusófono que se vai celebrar en diversos puntos deste territorio a partir deste xoves. E a Asociación Provincial de Hostalería coa Deputación de Lugo promove un curso sobre viños do mundo que se está celebrando do Centro do Viño, do que falamos con Beatriz Vila, delegada da Asociación promotora que prepara para este venres unha nova cita de "Saborea e Canta Outono", con viño, petiscos e música no espazo expositivo da Praza de Abastos.