Más de Uno Monforte de Lemos 17/09/2025
Programa completo do 17/09/2025
Monforte de Lemos |
Falecido un mozo de 27 anos nun accidente de tractor no Saviñao do que falamos co alcalde, Carlos Armesto co que repasamos outras novas do citado concello. Prepáranse os centros de saúde para comezar a campaña de vacinación da gripe con alta incidencia da COVID segundo nos confirma o Dr. Rosendo Bugarín, xefe de Servizo no Centro de Saúde de Monforte. Da chegada de menores migrantes a Monforte falamos coa deputada soberina Raquel Arias, portavoz da Comisión de Servizos Sociais e Igualdade no Parlamento Galego. E adicamos o espazo Facendo Empresa, co que abrimos o programa, á Gandaría Puluan, unha explotación familiar que coñecemos máis en profundidade conversando con Lucía López Sobrado.