Más de Uno Monforte de Lemos 16/09/2025
Programa completo do 16/09/2025
Monforte de Lemos |
Abrimos co espazo adicado ao sector vitícola co técnico Alfonso Losada e o adegueiro Pedro Rodrígez da adega Guímaro que onte mesmo comezou a vendima. Con Iván Vázquez, xefe de área dos Servizos Agrarios de Monforte, repasamos axudas que tramitan para os afectados polos lumes de agosto. No concello de Quiroga arderan daquela 3 casas que hoxe visita a Conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue e con ela conversamos. Tamén entrevistamos a Óscar Carrete voceiro da agrupación política Caurel Vivo que leva o xoves a pleno unha moción reclamando medidas máis efectivas para evitar no futuro lumes da intensidade dos vividos este verán. Entre outros asuntos, tempo tamén para repasar resultados dos partidos xogados polos equipos da zona.