Más de Uno Monforte de Lemos 16/01/2026
Programa completo do 16/01/2026
Monforte de Lemos |
Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e conversando con Vicente Parra o concelleiro responsable da área de turismo do concello de Quiroga que repasa cifras de visitantes que atenderon nos recursos turísticos que ten o citado concello. Coa vicepresidenta da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next, Marisol Borrajo, repasamos o Foro de Emprendemento no Rural que veñen de celebrar. Retirados os andamios da cúpula da Igrexa da Nosa Señora da Antiga, repasamos a intervención alí realizada con Manuel Freire, o arquitecto encargado de dirixir a obra que financiou a Consellería de Cultura. E suspéndese a celebración da 52 Subida a Chantada que estaba previsto celebrar a última fin de semana de maio. Para coñecer os motivos conversamos con Alfonso Viana, presidente da Escudería organizadora deste evento a Escudería Chantada.