Más de Uno Monforte de Lemos 15/09/2025
Programa completo do 15/09/2025
Monforte de Lemos |
A Xunta abrirá en Monforte o primeiro centro específico para a acollida de menores migrantes no edificio residencial que a Asociación Prodeme ten no Malvarón. Preguntamos sobre esta cesión ao xerente da citada asociación, Julio Cortiñas, e escoitamos tamén as valoracións que sobre este anuncio fai o alcalde monfortino e os voceiros do PP, BNG e Esperta Monforte. Sobre o futuro do sector vitícola na Ribeira Sacra organizou un ciclo de charlas o SLG por diversos concellos desta D.O e das inquedanzas trasladadas neses actos polos viticultores da zona falamos con Ana Rodríguez, representante do citado sindicato para este territorio. Entre outros asuntos conversamos tamén co promotor cultural Mario Carretero, fai balance da I Olimpiada de xogos de mesa que veñen de celebrar no Ateneo Casino e repasa actividades que preparan para o mes de outubro.