Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 13/12/2022

Programa completo do 13/12/2022

Manuela Porto

MONFORTE DE LEMOS | 13.12.2022 14:21

Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola e falamos coa directora técnica do CRDOR, Beatriz Soto, nomeada embaixadora do Cervim e con Vicente Caballero e Benito Barreiro falamos de prácticas biotecnolóxicas que aplica a Adega Malcavada nunha parcela de Santiorxo da que sacas as uva coas que elaboran un mencía en barrica que empezarán a comercializar o próximo ano. Máis de 51 mil persoas viaxaron nos catamaráns que a Deputación de Lugo ten nos ríos Sil e Miño. Pechan a tempada das rutas fluviais e facemos balance delas conversando con Pilar García, deputada responsable da área de Turismo. No concello de Bóveda, dan por rematados os accesos ao novo miradoiro e as melloras levadas a cabo na Casa da Cultura. Co alcalde José Manuel Arias, repasamos outras novas de actualidade no citado concello. Falamos tamén no programa de hoxe os Mercados de Nadal que se están celebrando na Praza de Abastos de Monforte. Repasamos actividades dos mesmos conversando coa tenente alcalde Gloria Prada. Entre outros asuntos, entrevistamos ao cantautor Emilio Rúa que este próximo domingo actúa en Monforte.