Más de Uno Monforte de Lemos 11/12/2025
Programa completo do 11/12/2025
Monforte de Lemos |
Os grupos da oposición na corporación monfortina reclaman a dimisión de José Tomé como alcalde. Tras dimitir como presidente da Deputación de Lugo, non entenden que non faga o mesmo no concello. Escoitamos a Kati Varela voceira do PP, Emilio Sánchez do BNG e Germán Vázquez de Esperta Monforte, mentres Tomé Roca sigue defendendo a súa inocencia, recuperamos declaracións da rolda que ofreceu na tarde de onte. O luns empeza a funcionar o bus polas parroquias, un servizo adxudicado a Autocares Sánchez e do que falamos con Pilar Sánchez responsable da citada empresa. Premiado o IES Daviña Rey pola innovación tecnolóxica que ven aplicando nas ensinanzas do centro dende hai varias décadas, falamos coa directora Raquel Aira e con María Jesús Casado, coordinadora do proxecto Unidades Didácticas Dixitais. E como cada xoves, tempos gabinete xurídico de AV10 e con David Doval falamos hoxe das derivacións das responsabilidades tributarias aos administradores societarios.