Más de Uno Monforte de Lemos 08/10/2025
Programa completo do 08/10/2025
Monforte de Lemos |
A Conselleira do Medio Rural visita en Monforte a empresa Ramiro Vila para poñer en valor a importancia dos fondos europeos que serven para facilitar desenvolvemento no rural e ampliar iniciativas como esta que da traballo a 41 persoas. Escoitamos á Conselleira e falando de emprendemento, conversamos con Marta Sampil que vén de poñer en marcha unha Clínica Oftalmolóxica. Agroma Sober reclama que Adif arranxe as deficiencias que deixou na contorna do apeadeiro de Areas despois das obras de modernización da liña férrea. Deficiencias que repasamos con Paula Vázquez Verao. Este venres remata a campaña arqueolóxica que se está levando a cabo en Proendos e que repasamos con Sergio Sánchez, director do proxecto. Entre outros asuntos repasamos con Maro Carretero e Noelia Pastor as xornadas que van celebrar a partir do venres adicadas á saúde mental.