Más de Uno Monforte de Lemos 05/06/2025
Programa completo do 05/06/2025
Monforte de Lemos |
A Igrexa de San Antonio en Monforte cumpre 25 anos e preparan celebración para o día 13. Repasamos a historia desta construción co párroco Manuel Vázquez Gil. Conversamos tamén co doutor Roberto Vila Rodríguez que presenta libro este venres no Ateneo Casino. Pecha temporada o taekwondo monfortino e co adestrador, José María Vega, repasamos últimos resultados. De retrasos e cancelacións aéreas, e dereitos dos usuarios a reclamar, fálanos Javier Leiro no espazo de AV10. Son entre outros, asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.