Más de Uno Monforte de Lemos 01/12/2025
Programa completo do 01/12/2025
Monforte de Lemos |
O concello de Monforte firma coa CHMS un convenio de colaboración valorado en 7,9M€ para seguir mellorando o saneamento de Monforte niste caso na contorna do Parque dos Condes. Convenio que presentaron na casa do concello o rexedor local e o presidente do organismo de conca. É un dos asuntos que repasamos da actualidade máis próxima antes de abrir conversa con Jaime Vázquez, presidente do Club Fluvial de Monforte que vén de ser premiado por AGADER. Co alcalde do concello de Bóveda, José Manuel Arias, repasamos obras de mellora da eficiencia enerxética levadas a cabo en edificios públicos e as realizadas no Centro Sociocultural para eliminar as goteiras que tiña este inmoble. E evitar filtracións foi o obxetivo da intervención feita na Cúpula da Igrexa da Nosa Señora da Antiga, delas falamos co arquitecto que dirixiu a obra, Manuel Freire e con Martín Figueiras, encargado da adxudicataria, a empresa Resconsa. E fin de semana de éxito para o taekwondo monfortino en Austria con tres medallas que repasamos con José María Vega, adestrador do Neka. E toca hoxe tamén espazo adicado á saúde buco dental coa odontóloga María José Martín.