Más de Uno Monforte de Lemos 01/10/2025
Programa completo do 01/10/2025
Monforte de Lemos |
Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e conversando coa directora do IGAPE que preside en Monforte unha xornada sobre emprendemento no ámbito rural. 35 anos cumpre o Conservatorio Adagio e preparan concerto de celebración para este sábado na Igrexa da Nosa Señora da Antiga, falamos delo co fundador Manuel Randulfe e coa actual directora, Inés Lemos. Entre outros asuntos, tempo tamén para repasar actividades de outono que hoxe presentan no Saviñao, co alcalde Carlos Armesto.