MÁS DE UNO MONFORTE 20/05/2021
Programa completo do 20/05/2021
Monforte de Lemos | 20.05.2021 14:49
Abrimos repasando con Felipe Aria historia local, que lembra hoxe o paso por Monforte das Tropas Francesas ata en tres ocasións en 1809. Conversamos co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, recibirá esta noite en Madrid a Q de calidade que lle outorgaron á Ruta dos Miradoiros. Acto previo ás presentacións que da Ribeira Sacra fará en Fitur. Con él facemos tamén balance dos seguidores que o concello soberino acadou nas redes sociais. Recollemos tamén a preocupación dos profesores técnicos de F.P polos cambios que para eles recolle a LOMLOE e que nos explica Maica Couto. Repasamos as actividades de verán que prepara o concello de Monforte e que vén de presentar o alcalde José Tomé Roca. E con Manolo Díaz, de Bicicletas Integral, falamos dun triciclo que vén de adaptar para un veciño de 72 anos afeccionado ao ciclismo.