MÁS DE UNO MONFORTE 13/12/2021
Programa completo do 13/12/2021
Monforte de Lemos | 13.12.2021 14:27
Segue crecendo a incidencia da Covid nesta zona sur de Lugo. En concellos como o do Courel, en ningún momento da pandemia tiveron tantos como teñen agora. Buscamos a última hora conversando coa alcaldesa Lola Castro. Tamén preocupa o incremento no concello de O Saviñao que chegaron xa ao medio cento de positivos. Repasamos datos conversando co alcalde Carlos Armesto. O Ceip Monforte seleccionado para unha nova fase do Plan de Bibliotecas. Do que significa para o Centro falamos coa directora María Núñez. No concello de A Pobra do Brollón poñen en marcha actividades para os maiores para fomentar hábitos saudables. Unha iniciativa que repasamos conversando coa terapeuta ocupacional Nerea López. E un detido en Monforte por agresión tras unha nova pelexa na zona de copas da rúa Duquesa de Alba. Repasamos os feitos con José Manuel González, voceiro da Policía Nacional. Co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, repasamos resultados da entrevista que mantivo co Conselleiro de Sanidade sobre o mantenemento de prazas no Centro de Saúde de Ferreira. Entre outros asuntos, repasamos resultados de partidos disputados esta fin de semana, e co adestrador do Neka, José María Vega, novos triunfos do taekwondo monfortino.