Sacrapastas ve no Salón Gourmets o escenario ideal para promociar as Galletas de Xián fóra de Galicia
Falamos con Tamara Castro, impulsora do Obrador Artesán de Repostería, que ten nas Gallegas de Xián un dos seus productos estrela. A nai de Tamara recolleu as receitas das avoas da aldea de Xián, no concello lucense de Taboada, en plena Ribeira Sacra, que ían a vender esas galletas polas feiras da comarca. E coa constante modernización, con diferentes máquinas que foron aumentando a producción, repiten experiencia no Salón Gourmets para levar o sabor das galletas dende Taboada, na Ribeira Sacra, ó resto de España. E tamén ó estranxeiro.
Tamara Castro, terceira pola esquerda, xunto con outros productores da provincia de Lugo, no posto de Sacrapastas, degustando Galletas de Xián