Alcalde de Paderne

Sergio Platas: "Recomendamos un consumo de auga responsable e con sentidiño nos domicilios do Concello de Paderne"

No Concello de Paderne detectaron un incremento do consumo de auga con relación ao mes de xullo de 2024 e a outros meses. Por eso e por previsión dende a alcaldía, Sergio Platas insiste en mandar unha mensaxe de consumo responsable á veciñanza para evitar males maiores, reducindo o gasto de auga en lavados, riegos e mesmo nas piscinas.

Más de uno A Coruña 06/08/2025

Alberto Gómez Barros

A Coruña |

Sergio Platas, alcalde de Paderne

O rexidor de Paderne quere quitar dramatismo á recomendación que enviaron dende o Concello á veciñanza. "Non é que en Paderne non teñamos auga. Chamamos a que se consuma a auga con sentidiño".

Esta mensaxe e a correspondente recomendación ven dada, porque segundo Sergio Platas "detectamos un consumo que aumentou con relación a outros meses anteriores. E a xullo de 2024. Sacamos unhas recomendacións para evitar os excesos . Chamamos ós veciños a que fagan un consumo responsable no ámbito domiciliario, que é a primeira reserva que temos".

E despois viñeron as inspeccións que constataron que había diferentes lavados para facer fronte á vaga de calor destes días que confirmaban ese incremento do consumo de auga.

"Non temos un concello turístico nin que aumente a poboación. É certo que estes días hai festas. Nin creo que sexa por encher piscinas que xa deben estar cheas a estas alturas do ano. Creo que é máis unha cuestión de riegos, de baldeos, de refrescar, de lavado de coches. Estamos controlando e vemos que os valores se manteñen, pero preferimos facer unha chamada e avisar á poboación", sinala Diego Platas.

O Concello de Paderne ten unha poboación de 2.500 habitantes e despios de 24 anos con César Longo como alcalde, Sergio Platas tomou o relevo, co obxectivo de actualizar o Plan Urbanístico para que o Paderne poida seguir medrando.