¡Feliz San Xoán 2026!
Un ano máis vivimos a véspera da noite meiga de San Xoán na Coruña. Primeiro pasamos polo mercado da praza de Lugo. Víctor e Ángela dannos conta de que hai boa cantidade de sardiñas, de boa calidade e a bo prezo, uns 8 euros o kilo. Despois achegámonos ate a coraza do Orzán, en onde está o posto de mando que velará porque haxa seguridade. Inés Rey, alcaldesa, da conta do número de efectivos, uns 1000, con emprego mesmo de Intelixencia Artificial para vixiar toda a zona das praias. E tamén da conta a concelleira Nereida Canosa, da campaña de reparto dunhas 2.000 pulseiras para detectar sustancias químicas nas bebidas.
Falla de San Juan 2026 na praia de Riazor, con referencias os éxitos deportivos coruñeses