"A Coruña, CidadEclipse" xa vive a conta atrás para o fenómeno astronómico do 12 de agosto
Dende marzo comezará unha campaña divulgativa en colexios e centros cívicos sobre o eclipse . Tamén haberá unha campaña especial no Planetario e unha exposición intinerante. E o mesmo día do eclipse, o 12 de agosto, haberá puntos de observación no Portiño, no Parque de Bens e no Monte de San Pedro, con un dispositivo de tráfico especial e aparcamentos disuasorios. Tamén na cidade haberá puntos de observación en cada distrito. Pola noite, en María Pita, actuará a Banda Municipal de Música e a orquestra Los Satélites.
Á marxe do eclipse, o Concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, anunciaba tamén en Fitur que a cidade da Coruña presentou a candidatura para formar parte da Rede de Cidades Creativas da Unesco no eido do Cinema e do Audiovisual.