Portavoz da Cofradía de Pescadores e Mariscadores da Ría da Coruña Manuel Baldomir: "Esperemos que o Goberno do Estado amose a mesma vontade de colaboración que amousou onte a Consellería"
Onte houbo xuntanza entre mariscadores e a Conselleira do Mar, á que non asistiu ningún representante do Goberno, malia estar convocados polos mariscadores. Segundo se puido saber despois, dende a Delegación do Goberno propúxose un encontro unilateral de maneira telemática. O caso é que segue sen haber ningún acordo para compensar o paro dos mariscadores cando comecen as obras de dragado da Ría do Burgo. Manuel Baldomir agarda o vontade, tanto política, como de colaboración por parte do Goberno para a compensación, tal e como ven solicitando o Concello da Coruña, tamén, para poder abordar este trascendental asunto.
Redacción
A Coruña | 12.01.2022 14:56