Día das Letras Galegas 2024 en lembranza de Luisa Villalta
Unha vida curta pero cun fondo impacto na cultura galega.
Dramaturga, poeta, narradora, ensaísta, articulista, docente de galego, violinista... Luísa Villalta foi todo iso e agora, tamén, homenaxeada no Día das Letras Galegas. Luisa Villata naceu en 1957 na Coruña, ou como ela a chamaba: A Cidade Alta. Esa cidade marcou a súa infancia e, despois, a súa obra.
A paixón polas letras e pola música chegoulle de pequena. Comezou a súa formación musical con oito anos no Conservatorio da Coruña e chegou a ser titulada superior. Pero escolleu adicarse ao ensino do galego e á literatura.
O seu primeiro libro: Concerto para un home só, saíu en 1989. Dende entón publicou máis de quince obras como o Ruído, Música Reservada, As chaves do tempo... Converténdose "nunha das grandes figuras da literatura galega".
Formou parte da Mesa pola Normalización Lingüística e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. E sempre estivo comprometida cos movementos culturais e sociais. Pensaba que a literatura e política, nas súas propias palabras, porque conmove e transforma as sociedades.
Morreu aos corenta e seis anos a causa dunha meninxite, na mesma casa onde nacera. Catro meses despois do seu falecemento publicábase En concreto, onde Luísa Villalta escribía:
Así vou eu
formando parte
Non me abandono e formo parte.