Suceso

A caída dunha árbore mata a unha persoa e deixa varios feridos nun concerto en Mondariz-Balneario

Conmoción na localidade de Mondariz Balneario. Esta pasada noite falecía unha muller de 60 anos tras caerlle unha árbore encima. Outras catro persoas resultaron feridas. Asistían a un concerto cando aárbore, por causas que se descoñecen, caeu,alcanzando a varios dos asistentes.

ondacero.es

Galicia | 04.10.2021 11:38

Catro horas tardaron os bombeiros en recuperar o cadáver da muller de 60 anos falecida, tras a caída dunha árbore de gran porte, que feriu a outras 4 persoas, unha delas o marido da falecida. Ocorreu a pasada noite nun concerto, ao que asistían 80 persoas e que se celebraba en Mondariz Balneario nun parque situado fronte ao antigo Gran Hotel. O alcalde da localidade, José Antonio Lorenzo, afirma en Onda Cero que un informe realizado por técnicos forestais recomendara cortar os plátanos de sombra do paseo, pero non o que agora caeu sobre o público, que pertencía a esa mesma especie.

As choivas e os fortes ventos que se viviron na zona, na madrugada do sábado ao domingo, poderían afectar a estabilidade da árbore. Os xardíns onde se celebrou o concerto permanecen pechados mentres se investigan as causas da traxedia.