Editorial - Informativos Galicia

¿Onde estaba o Banco de España?

O Banco de España advertiu no ano 2009 dos riscos das duas caixas galegas e avisou en setembro dese ano de que a viabilidade de Caixa Galicia estaba cuestionada e de que a calidade de crédito inmobiliario de Caixanova estaba por debaixo do normal e lle requeria unha serie de reclasificación de cretos.

ondacero.es

Santiago de Compostela | 20.06.2013 14:45

Así consta en tres actas do organismo supervisor publicadas hoxe polo xornal Faro de Vigo, na que se recollen informes do seguimento do Banco de España da situación das entidades galegas.  Na Comisión de Investigación das Caixa de Galicia a oposición volveu a por en dubida o reservado duns informes co compromiso dos deputados de non publícalo que xa non é confidencial porque está sendo recollido polos medios. Unha comisión na que comenzaron as comparecencias co profesor Ángel Vilariño. COmenzou a súa intervención asegurando que na crise das caixas de aforro hai responsabilidades dos seus xestores.  Vilariño tamén asegurou que entende que o Banco de España tiña que ter intervido e que a suma dunha caixa que está mal con outra que está peor da como resultado a situación na que nos atopamos.