O alcalde socialista de Ourense Agustín Fernández sintese respaldado pola executiva galega do Psoe que onte tentou zanxar a crise do grupo municipal reclamando disciplina aos edis críticos e advertindo que poderían tomarse medidas disciplinarias. Agustín Fernández destacou hoxe que por riba de todo ten que estar o interés pola cidade e os problemas internos deben resolverse nos órganos do partido. Fernández non semella disposto a dar marcha atrás á retirada de competencias ao edil díscolo, Rodriguez Penín e por agora non tomou decisións ante a renuncia das edis díscolas Maria Devesa e Susana Bayo a participar na Xunta de gobernó local pero respeta as suas decisions por consideralas "lexítimas". Do mesmo xeito as convida a recurrir a retirada de competencias de Rodriguez Penín ou calqueira acordo que consideren que non foi tomado legalmente, ainda que o rexedor defende a legalidade de funcionamento das Xunta de goberno.
Esta mesma mañá o voceiro municipal do PP, Rosendo Fernández solicitaba a convocatoria urxente dunha xunta de voceiros amparándose en que este órgano debe convocarse cando haxa feitos notorios de relevancia social. Para Fernández esta circunstancia dase cando as concellerias da xunta de gobernó que onte presentaron a sua renuncia argumentaron que se están a tomar acordos sen votación e con perigo de delinquir” . Rosendo Fernández insistiu en que non quere enterarse só polos medios de comunicación do que está pasando e tamén cree que o rexedor debe explicar por qué o líder dos socialistas galegos reclama que en Ourense o grupo municipal socialista volte á normalidade tras unha situación que o popular tildou de “vergoñenta”