O conselleiro de Educación en Onda Cero

Román Rodríguez: «Os galegos sabemos que a educación é a porta para ter un futuro mellor»

Entrevistamos en Galicia en la onda ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, coincidindo co final do curso escolar para meirande parte do alumnado.

Ángeles San Luis

A Coruña |

Entrevista ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, en Galicia en la onda

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, explica que se pechan as aulas pero continúa o traballo na Administración xa de cara ao próximo curso 2024/2025. A semana que vén levarán á mesa sectorial a instrucción para o ordenamento da nova Formación Profesional e estáse a desenvolver o acordo asinado cos sindicatos para a reducción das ratios xa o próximo curso. Son algúns dos asuntos que enumeraba.

Son 613 os centros inscritos no E-Dixgal no vindeiro curso; son 17 menos que o actual. Insiste Román Rodríguez en que se trata dun programa voluntario e híbrido. «Traballamos todos os anos para melloralo», afirma. O conselleiro sinala que o sistema educativo non se pode manter á marxe da contorna dixital. Tamén reitera que, desde comezos deste ano, o E-Dixgal dispón dun dobre control parental, xa non só dentro da rede corporativa da Xunta, dentro dos centros escolares, como sucedía inicialmente, senón tamén nos ordenadores para cando o alumnado os leva ás súas casas.

O titular de Educación, Ciencia, Universidades e FP estivo en entrevista en Onda Cero Galicia tras participar no acto de recoñecemento ao alumnado con mellores notas na EBAU. Ao respecto na nova proba de acceso á Universidade, anunciada polo Ministerio, Román Rodríguez afirma que non houbo vontade de acordo coas comunidades autónomas e coida que se trata dunha solución parcial, que non servirá para rematar coas diferenzas entre as 17 probas de acceso existentes ao sistema universitario español.