«Non hai obstrucción á xustiza senón colaboración; e a partir de aí, que saia o sol por onde saia, afecte a quen afecte»
O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, reitera o seu posicionamento en torno á imputación do expresidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero. «Eu creo en Zapatero e creo a Zapatero», insiste na entrevista en Onda Cero Galicia. Mantén que o caso do exsecretario de organización do PSOE, Santos Cerdán, é distinto; afirma que xa forma «parte do pasado» do partido.
Gómez Besteiro coida que estes casos non afectarán aos resultados do PSdG-PSOE nas próximas municipais. E explica que será ao longo do mes de xuño cando a formación peche as candidaturas para os comicios locais.
Redacción
Santiago | (Publicado 28.05.2026 16:00 )
Preguntado pola inquedanza dalgúns membros das agrupacións muncipais, que preferirían que as eleccións xerais fosen antes que as locais, e que son contrarios tamén a un súperdomingo electoral, o secretario xeral dos socialisats limítase a sinala que «todo o mundo pode ter a súa opinión».
Elena Candia, «a edil que encabeza o Goberno de Lugo»
O secretario xeral dos PSdG-PSOE volve a explicitar o seu apoio a que Miguel Fernández sexa o candidato á alcadía de Lugo nas próximas eleccións. De feito, segue a chamalo «alcalde de Lugo»; dí que o é «desde o punto de vista moral e da ética política». Pola contra, Gómez Besteiro refírese á popular Elena Candia como «a edil que encabeza o Goberno».
O líder dos socialistas galegos pregúntalle ao presidente da Xunta e do PPdG, Alfonso Rueda, se lle abriron un expediente a Candia «por incumprir os estatutos do seu partido» (por apoiarse nunha edil tránsfuga para aprobar a moción de censura). Besteiro desliza que se Rueda incrumpre os estatutos «que se pode esperar que faga coas leis».
Santiago, «especulacións» e «boas vibracións»
José Ramón Gómez Besteiro tamén falou da candidatura do PSdG para Santiago de Compostela. Dí que os nomes que están a trasncender na prensa son «especulacións». Insiste en que o proxecto político é o importante; e mesmo apunta a que tén «moi boas vibracións». Descarta de xeito rotundo, iso si, que vaia a haber unha reconciliación cos edís non adscritos.
AP9 e financiamento autonómico
O secretario xeral dos socialistas carga con dureza contra o PP polo seu voto en contra na reunión da ponencia no Congreso, celebrada esta semana, para a transferencia da AP9 a Galicia. Os populares votaron negativamente ás enmendas pactadas por PSOE, BNG e Sumar. Gómez Besteiro mantén que Alfonso Rueda debe dar explicacións por estar «en contra da transferencia da autoestrada». Preguntado polas críticas dos populares, en canto a que o texto pactado non inclúe as condicións económicas que si figuran no proxecto de lei do Parlamento galego, réstalle importancia; considera o socialista que son cuestións que se deben de debatir na comisión mixta Goberno central-Xunta.
Tamén volve a defender que a Xunta negocie bilateralmente co Executivo central a reforma do sistema de financiamento. Unha vez máis, o líder do PSdG defende que a proposta do Ministerio de Facenda é unha boa base para negociar, sen descartar que se introduzan cambios no futuro.