Ana Pontón sobre o posicionamento da RAG e o CCG

«Se hai institucións que queren manter o decreto da vergoña, será un debate que se terá que dar nesas institucións»

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defende a ausencia da formación nos traballos previos para a actualización do Plan Xeral de Normalización Lingüística. «Faría exactamente o mesmo», dixo en entrevista en Onda Cero Galicia; xa que considera que o PP non tivo intención de cambiar a política lingüística destes últimos anos.

Ángeles San Luis

Santiago |

Problemática da vivenda

A vivenda será un tema central nesta próxima campaña electoral. O PP «segue dándolle alas á especulación», afirmou Pontón. Insistiu en que a Xunta tén as competencias en materia de vivenda. O BNG propón que a Administración autonómica declare de oficio como zonas tensionadas a todos os concellos que cumpran os requisitos. Preguntada por se os municipios rexidos polo BNG iniciarían eles os trámites para a declaración, Ana Pontón mantivo que son decisións que entran dentro da autonomía local. «Eu non vou dicirlle a un alcalde que é o que tén que facer», expuxo. Actualmente, só A Coruña e Santiago de Compostela contan coa declaración de zona tensionada.