Galicia desprega todo o seu potencial no Salón Gourmets de Madrid
39º edición do Salón Gourmets, a feira de alimentación e bebidas de calidade, máis importante de España. Baixo o paraugas da Consellería do Medio Rural unha treintena de de empresas agroalimentarias, acollidas a algún dos selos de calidade cos que contamos en Galicia, están a amosar o mellor de si.
Galicia desprega todo o seu potencial no Salón Gourmets de Madrid | Xunta
A comunidade conta cun stand propio de 547 metros cadrados nos que se están a desenvolver distintas actividades de promoción. Están a captar a atención dos visitantes, de novo, os tuneis do mel e do queixo.
O ano pasado pasaron polo Salón Gourmets case 118.000 visitantes e celebráronse 6.500 reunións profesionais. Un evento no que as pequenas e medianas empresas agroalimentarias galegas, ano tras ano, establecen contactos con novos mercados.