Se reativará en santiago la Mesa Local de Coordinación instiucional contra la violencia de género

Santiago es una ciudad segura, pero se intensificarán los esfuerzos contra los robos en establecimientos y el consumo de drogas

O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a reunión ordinaria da Xunta local de Seguridade, copresidida pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, á que tamén asistiu o concelleiro de Convivencia, Xan Duro, e membros da Policía local, nacional e autonómica. No encontro analizáronse os datos de criminalidade do primeiro semestre do ano, entre os que destacan a redución de infraccións penais e o descenso no número de casos activos de VioXen. A este respecto, a alcaldesa anunciou a reactivación da Mesa Local de Coordinación institucional contra a Violencia de Xénero.

A Xunta Local de Seguridade analizou os datos de delincuencia no municipio no primeiro semestre de 2023 publicados polo Ministerio do Interior, que reflicten que "Santiago é unha cidade segura na que se esclarecen practicamente o 50% dos delitos", salientou Goretti Sanmartín. Estes datos poñen sobre a mesa un descenso do 1,3% no número de infraccións penais cometidas en Santiago de xaneiro a xuño deste ano con respecto ao mesmo período do ano pasado e sitúan a taxa de criminalidade do concello por debaixo da media estatal.

Ramón Castro

Santiago de Compostela | 18.10.2023 19:15

Santiago es una ciudad segura, pero se intensificarán los esfuerzos contra los robos en establecimientos y el consumo de drogas | Pazo de Raxoi