Comeza o trámite da Lei de Saúde Publica

Galicia contará en febreiro cunha norma propia para xestionar pandemias que inclúe multas de ata 600.000 euros por saltarse un aillamento

Conselleiro de Sanidade: "A Lei é predictiva, a xente saberá que medidas se van tomar porque estarán recollidas na norma".

O Partido Popular de Galicia rexistra no Cámara unha proposición de lei para comenzar a tramitación parlamentaria e confía en tela aprobada no mes de febreiro

Redacción

Santiago de Compostela | 20.11.2020 13:04 (Publicado 19.11.2020 17:15)

Galicia contará en febreiro cunha norma propia para xestionar pandemias que inclúe multas de ata 600.000 euros por saltarse un aillamento | xunta

A norma establece tres tipos de infraccións: leves (de 1.000 a 3.000), graves (de 3.001 a 60.000) e moi graves (de 60.001 a 600.000 euros)

No texto, asinado polos 42 deputados populares, incluido Alberto Núñez Feijoo, establecese que saltarse unha cuarentena está considerado como infracción grave, pero pasará a ser moi grave si se fai de forma repetida ou si produce un dano elevado na saúde pública.

Negarse a ser vacinado ou non facerse probas de diagnóstico son consideradas na proposición de Lei como leve no caso de que as repercusións tivesen unha "incidencias escasa o sen trascendencia directa na saúde da poboación", pero pode ser grave ou moi grave en función do dano que se ocasione.

Non levar a mascarilla pode ser obxeto de sanción de 100 euros.

Cargando...