O espacio extraordinario implicou os alumnos e alumnas do centro de Ensino A Xunqueira de Pontevedra. Durante maís dunha hora lembrando a figura de Valentín Paz Andrade, a comunidade educativa e o propio concelleiro de Normalización da capital participaron dun xeito activo nun homenaxe baseado na palabra, reflexión e gratitude pola defensa dunha lingua e cultura como a galega.
No audio que acompaña a esta nova podes escoitar o programa íntegro conducido pola xornalista, Susana Pedreria, e realizado a nivel técnico por Lorena Páramo e Angel Mosquera.