MÚSICA

Volven “Os Xoves de Códax”: once edición de música e viño no salnés

Miguel Poveda, Niño de Elche, Mondra ou A Pedreira son algún dos artistas protagonistas do ciclo musical das Bodegas Martín Códax.

Susana Pedreira

Pontevedra |

Volven “Os Xoves de Códax”: once edición de música e viño no salnés | Cedida por Bodegas Martín Códax

Este ciclo, que se celebra con gran éxito dende hai anos, ofrece aos amantes da música e do viño unha oportunidade única de gozar de recoñecidos artistas nun entorno inigualable. Os concertos, que se celebrarán cada xoves dende o 11 de xullo ó 8 de agosto ás 20:30 horas, estarán marcados pola gran variedade de estilos fusionados entre si. Esta decimoprimera edición está caracterizada pola mestura musical e cultural, que abrangue dende o flamenco, a electrónica ata a música de raíz galega, e que da o valor añadido, unha vez máis, ás propostas culturais da bodega. Coma sempre, terá lugar na terraza de Bodegas Martín Códax, onde todos os asistentes gozarán dos concertos e actuacións no marco dos atardeceres únicos que ofrece O Salnés, mentres degustan os viños da adega. Dende os seus inicios, Bodegas Martín Códax leva no seu corazón o compromiso coa música e a cultura galega. O nome da adega, inspirado no ilustre trobador Martín Códax, é unha manifestación clara dese compromiso, e que se reflicte na participación activa da bodega en eventos que promoven a nosa herdanza cultural. “Cremos firmemente na importancia de apoiar e promover a cultura en tódalas súas formas, recoñecendo que enriquece as nosas vidas e fortalece a identidade da nosa comunidade” destaca Jorge Pallarés, director de marketing de Bodegas Martín Códax. Os concertos de "Os Xoves de Códax" son un pilar fundamental do compromiso social de Bodegas Martín Códax. A recadación do ciclo “Os Xoves de Códax” vai destinada a apoiar e colaborar con diferentes proxectos sociais, un por concerto, unha testemuña do compromiso continuo da empresa coa sustentabilidade social da sociedade galega. Ao longo das dez edicións realizadas ata o momento, este ciclo cultural conseguiu destinar máis de 220.000 euros para numerosos e diversos proxectos sociais con impacto na nosa comunidade. Estes fondos non só financian proxectos vitais para diversas causas solidarias, senón que tamén promoven unha maior concienciación e colaboración comunitaria en toda Galicia. Para asistir a cada un dos concertos do ciclo será preciso adquirir a entrada na páxina web de Ticketrona. A partir do vindeiro mércores 26 de xuño de xuño ás 12.00 horas poderán mercarse as entradas dos concertos do mes de xullo e agosto. Poranse á venda un total de 350 entradas por concerto e a compra estará limitada a 4 entradas máximo por persoa para cada un dos concertos. As entradas terán un prezo de 30 euros por concerto, e o acceso estará prohibido a todos os menores de idade.