Pontevedra |
Segundo o previsto, a Gran Final desenvolverase en Pontevedra a finais de setembro e principios de outubro do 2026. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, explicaba esta semana que «as federacións saben que Pontevedra responde, que a cidade se volca de arriba a abaixo con estes eventos deportivos. Somos unha referencia na organización destas probas e na capacidade para ofrecer toda unha programación paralela de ocio e cultura».
As Series Mundiais do 2026 incluirán algunha novidade respecto ao 2023, como a chegada de preto de 1.500 triatletas a maiores, por mor da incorporación de novas probas como o triatlón supersprint e triatlón de relevos mixtos.